Saúl volve ao Eleuterio Balayo para ser un dos puntais defensivos do Volantes de Baño
O xogador sarriano volve á que xa foi a súa casa alá pola tempada 2018-2019 para ser un dos homes importantes da zaga das velutinas na Primeira Galicia.
Redacción
Saúl Díaz Quintela (Sarria, 1988) é un futbolista que se desenvolve como central, aínda que tamén o pode facer como lateral ou centrocampista defensivo, e que conta cunha ampla experiencia na Preferente Galicia da man da Sarriana, do Silva ou o San Tirso, entre outros, e que tamén xogou unha tempada na Terceira División da man do Deportivo Dorneda.
Ademáis, conta cun amplo historial na Primeira Galicia con equipos como Sporting Ciudad ou Imperátor. E agora volve a un equipo que xa foi a súa casa e faino para militar nesta categoría da man dun Volantes de Baño que con esta incorporación se garantiza a un futbolista de entidade e que lle fará dar un salto de calidade ao equipo.
Seguridad, contundencia e un bo xogo aéreo son algunhas das cualidades deste xogador que tratará de axudar en todo o que poida e máis para que o Volantes de Baño logre a permanencia na Primeira Galicia.