Cómoda vitoria do BM Xallas ante o Tui
Partido cómodo das xalleiras que dominaron o marcador de principio a fin para lograr unha ampla vitoria sobre o CB Tui.
Info do departamento de prensa do Balonmán Xallas
BM Xallas 28 – 21 CB Tui
BM Xallas (19+9): Patricia Vilar, Aida Varela, Sara González, Lara Miranda, Laura Barbeira, Carla Pérez, Antía Oreiro, Maitena Lois, Miriam Capelo, Zaira González, Deiree Leonor Ascanio, Julia Pereira, Laura Grille e Miriam Blanco.
CB Tui (9+12): Alexandra Lemos, Aloia Fernández, Ana Alfaya, Ana González, Carolina Segovia, Kiya Mistir Barciela, Lucía Cruces, Lucía Troncoso, Noelia Castro, Noemí González, Paola Iglesias, Salma Eljabraqui, Sara Pérez e Zoe Gonçalves.
Árbitro: José Henrique Folgoso Capelo do colexio galego.
Incidencias: Partido correspondente á décima xornada do Grupo 2 da Segunda División Xuvenil Feminina disputado no Pavillón Municipal de Fontenla (Santa Comba).
O bo nivel defensivo marcado ao comezo do encontro xunto con transicións rápidas permitiulles despegarse pronto no marcador e de aí que se chegase ao descanso co 19-9 no marcador.
Na segunda parte, a tónica foi a mesma, se ben é certo que a excesiva relaxación por parte das locales permitiulle ao Tui acortar diferenzas para maquillar o resultado final.
Con este partido, acábase a primeira fase de competición para o equipo xuvenil do BM Xallas, que terá que agardar polos calendarios e equipos aos que se enfrontará na segunda fase.