O programa Convivir Deportivo da Radio Galega centrará a súa atención na UD Cerqueda
O programa Convivir Deportivo da Radio Galega fará unha parada na Costa da Morte máis concretamente, en Cerqueda para falar coa familia da Unión Deportiva Cerqueda.
Redacción
O director do programa Convivir Deportivo, Alfonso Pardo, e o seu equipo daranlle visibilidade ao fútbol da Costa no seu espazo, coa Unión Deportiva Cerqueda como protagonista.
O clube cerquedán, o cal está a sufrir un crecemento importante nas últimas tempadas, ten varias historias de gran interese dentro do seu seo, ás cales sairán a luz durante este interesantísimo programa o cal se fará este venres 18 de xaneiro a partir das 20.30h. dende a antiga escola unitaria das Pozacas en Cerqueda e ao cal poderán asistir todos aqueles que queiran.