Natalia Alonso conquistou Rois subindo ao máis alto do podio
A piloto mindonienese Natalia Alonso logrou subir ao máis alto do podio na segunda xornada do Iº Dous días de enduro de Rois, na que era a súa volta á competición despois de meses alonxada dos circuítos e das pistas.
Redacción
Despois de meses sen competir, a piloto mindoniense Natalia Alonso volvía á competición e facíao nunha das xornadas dentro do Iº Dous días de enduro de Rois, máis concretamente na que se celebrou o pasado domingo.
A piloto de Mondoñedo enfrontouse a unha carreira cun percorrido moi esixente no que había tres cortalumes dunha certa dificultade pero nos que Natalia Alonso se desenvolveu moi ben, algo que fixo que se sentise moi cómoda sobre a súa moto e que gozase da carreira a pesares das grandes esixencias da mesma.
Tal foi a comodidade e o desfrute que sentiu a piloto mindoniense en Rois, que Natalia foi quen de rematar na primeira posición da Categoría Féminas para subir ao máis alto do podio e sumar un novo logro a súa frutífera carreira deportiva.