Dani Remuiñán acadou dous segundos postos en Rois
O polifacético piloto larachés Dani Remuiñán completou unha gran fin de semana con dous segundos postos nunha proba de nova creación como é o Iº Dous días de Enduro de Rois.
Redacción
Na xornada do sábado, Dani Remuiñán acadou un segundo posto na categoría Open 4t e remataría na terceira posición no Scratch de Open sobre un recorrido moi divertido para os pilotos, cunhas cronos moi atractivas, aínda que coa choiva fixo que fosen un tanto complicadas xa que a auga fixo que o terreo estivese un pouco resbaladizo.
No que respecta ao domingo, os pilotos terían que pasar por un mesmo percorrido e unhas memas cronos, aínda cunha esixencia moito maior polas pasadas do sábado. En canto ao transcurso polo monte este estaría moito máis roto, algo que lle dificultaría moito as cousas aos pilotos.
Nesta segunda xornada, Dani Remuiñán sufriría unha caída na primeira crono que o relegaría ao último posto da clasificación pero si hai algo que caracteriza ao deportista da Laracha e a súa garra e a facilidade que ten para revertir as cousas cando van mal, coma nesta ocasión na que lograría arañar os segundos suficientes para lograr un novo segundo posto na categoría Open 4t.