logo

¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto

POLÍTICA DE COOKIES

Una cookie es un fichero que se descarga en el ordenador/smartphone/tablet del usuario al acceder a determinadas páginas web para almacenar y recuperar información sobre la navegación que se efectúa desde dicho equipo. Para conocer más información sobre las cookies, Unidad Editorial, S.A. (Unidad Editorial) le invita a acceder al siguiente enlace:http://www.iabspain.net/privacidadeninternet/usuario.

Unidad Editorial utiliza en este sitio web las siguientes cookies que se detallan en el cuadro siguiente:

  • cookies estrictamente necesarias para la prestación de determinados servicios solicitados expresamente por el usuario: si se desactivan estas cookies, no podrá recibir correctamente nuestros contenidos y servicios; y
  • cookies analíticas (para el seguimiento y análisis estadístico del comportamiento del conjunto de los usuarios), publicitarias (para la gestión de los espacios publicitarios en base a criterios como la frecuencia en la que se muestran los anuncios) y comportamentales (para la gestión de los espacios publicitarios según el perfil específico del usuario): si se desactivan estas cookies, el sitio web podrá seguir funcionando sin perjuicio de que la información captada por estas cookies sobre el uso de nuestra web y sobre el éxito de los anuncios mostrados en ella permite mejorar nuestros servicios y obtener ingresos que nos permiten ofrecerle de forma gratuita muchos contenidos.
CookiesInformación (*)FinalidadOutput (*)
COOKIES PROPIAS
Estrictamente necesarias Sesión, registro, datos del carrito de compra, datos para distinguir los servicios gratuitos de los servicios de pago Gestión del registro Prestar servicios de la sociedad de la información solicitados por el usuario y conforme a los términos y condiciones aplicables N/A
Publicidad Frecuencia con la que se muestran los anuncios Mejorar y gestionar la exposición de anuncios publicitarios al usuario  
COOKIES DE TERCEROS (la información recogida a continuación ha sido facilitada por esos terceros)
Analíticas

Nielsen SiteCensus (Nielsen [*])

Número de visitas, páginas o secciones visitadas, tiempo de navegación, sitios visitados antes de entrar en esta página, detalles sobre los navegadores usados Informes estadísticos sobre el tráfico del sitio web, su audiencia total y la audiencia en una determinada campaña publicitaria Ver

Adobe Analytics -Omniture- y Adobe

Webs visitadas y tiempo de navegación, web que conduce al sitio, búsquedas realizadas Informes estadísticos sobre como los usuarios encuentran la página web, cómo la utilizan y si esta funciona correctamente Ver

Score Card Research (Full Circle Studies, Inc.)

Tiempo de navegación, sitio web visitado e información relacionada con la propia navegación Crear informes sobre patrones generales de visitas al sitio web Ver
Publicidad

CXense (CXense, AS)

Preferencias del usuario, información sobre la interacción con el sitio web (servicio solicitado, fecha y hora), tipo de navegador y lenguaje, localización geográfica Mejorar y gestionar la exposición de anuncios publicitarios al usuario evitando que aparezcan anuncios que ya ha visto Ver

Doubleclick (Google, Inc.)

Información sobre los anuncios que han sido mostrados a un usuario, sobre los que le interesan y sobre si visita la página web del anunciante Ver

Admeta (Admeta AB)

Preferencias del usuario, páginas visitas y detalles del equipos del usuario, datos de flujo de clics Ver
Publicidad comportamental

Audience Science (AudienceScience, Inc.)

Información sobre las preferencias o intereses en productos y/o servicios recogida durante la navegación Mostrar anuncios personalizados según el comportamiento o las preferencias mostradas por el usuario y mejorar las campañas publicitarias Ver

Media Mind (Digital Generation, Inc.)

Dirección IP, tipo de sistema operativo, tipo de navegador, páginas visitadas Personalizar las campañas publicitarias y mostrar anuncios que se ajusten a las preferencias de los usuarios Ver

(*) La información obtenida a través de estas cookies, referida al equipo del usuario, podrá ser combinada con sus datos personales sólo si Ud. está registrado en este sitio web.

(**) DESACTIVACIÓN DE COOKIES. El usuario podrá -en cualquier momento- elegir qué cookies quiere que funcionen en este sitio web mediante:

Unedisa no se hace responsable del contenido y veracidad de las políticas de privacidad de los terceros incluidas en esta política de cookies.

Si tiene dudas sobre esta política de cookies, puede contactar con Diario Deportivo en info@diariodeportivo.gal .

Sábado, 26 Septiembre 2020

O Silva gaña o XIV Memorial Tecelán

 DSC0560 Copiar

O Silva SD, que milita na Terceira División galega, superou ao Corme no Cairo e levaríase para A Coruña o espectacular trofeo de Sargadelos que se lle entrega ao campión do Memorial José Pailos Neira “Tecelán”.

Corme CF 0 – 5 Silva SD

Corme CF: Illote (Suso m.46), Dani, Brais Torrado (Javi Bermúdez m.75), Aitor (Manu Bermúdez m.11), Pandi, Eloy, Alejandro, Adrián Doldán (Mauro m.82), Alejo, Lucas e Toniño.

Silva SD: Damián (Guillermo m.46), Cardelle, Pablo Andrade, Guilherme (Lorusso m.46), Galass, Miguel, Cuesta (Santi m.60), Jona, Movilla, Real, Alvarito (Beto m.46).

Goles: 0-1 m.22: Movilla; 0-2 m.36: Alvarito; 0-3 m.60: Beto; 0-4 m.72: Movilla; 0-5 m.87: Real.

Árbitro: Luis M. Insua Lago (Colexio coruñés). Estivo ben.

Campo: O Cairo. Uns 200 espectadores.

Incidencias: No descanso do encontro, Lucas Rial, capitán do Corme CF, fixo entrega dun ramo de flores a Manola, viúva de José Pailos “Tecelán”. E ao remate do partido, a propia Manola faría entrega de campión ao Silva SD.

Saíu en tromba o conxunto dirixido por Javier Bardanca e Esteban Varela e iso fixo que os coruñeses levasen a iniciativa do partido. O dominio do Silva convertiríase en ocasións de gol pero o gardameta cormelán Illote erixiríase como protagonista destes primeiros minutos ao realizar catro grandes intervencións para evitar o 0-1.

E cando estaba a crear menos perigo o conxunto branco, chegaría o gol de Movilla logo de que este rematase ao fondo das mallas un córner sacado por Real, nunha xogada na que os locais reclamaron que o dianteiro coruñes rematase o balón coa man.

Pouco despois volvería a aparecer a figura de Illote, quen evitaría que Movilla puxese o 0-2 no marcador.

Tras isto, o centrocampismo sería a tónica predominante do encontro e ningún dos dous crearía perigo sobre a área rival ata que o Silva recuperou un balón en mediocampo para lanzar unha contra vertixinosa que materializaría Alvarito a porta baleira logo dun pase dun activo Movilla, que foi do mellor dos seus.

Antes de poñer rumbo aos vestiarios, Illote faría unha espectacular dobre intervención tras un man a man con Alvarito e un disparo de Miguel desde a frontal da área.

 DSC0520 Copiar

Á volta do tempo de lecer, o ritmo do partido decaría ata o minuto 58 cando ambos contarían con sendas ocasións. Primeiro avisarían os visitantes cun cabezazo de Lorusso ao longueiro e logo daría a réplica os cormeláns cun disparo frouxo de Adrián Doldán que acabaría atallando Guillermo sen problemas.

Logo disto, o encontro volviu a activarse e Beto faría o terceiro para os seus ao finalizar unha transición rápida cun disparo cruzado ante o que nada puido facer o porteiro local Suso.

A raíz deste gol, o Corme daría un paso adiante e pisaría área rival con máis frecuencia, e como fruto disto Toniño estivo a piques de sorprender a Guillermo tras unha gran xogada individual pero o lanzamento final do xogador cormelán marcharía lamendo o pau.

A continuación desta oportunidade, os azulóns reclamarían unha pena máxima por unha posible man de Lorusso pero o colexiado Insua Lago non o considerou así.

Se Illote foi protagonista con varias grandes intervencións durante a primeira metade, Suso non quería ser menos e realizaría unha espectacular parada para evitar o gol de Movilla a bocaxarro.

Logo disto, o Corme voltou a dar un paso adiante e Alejo, cunha espectacular volea, faría empregarse a fondo a Guillermo para enviar o balón a córner.

E nun saque de esquina chegaría o cuarto gol do Silva, logo de que Movilla cabecease de novo ao fondo das mallas un córner colgado por Real.

No tramo final do partido, o Corme buscaría o gol da honra e a piques estivo de encontralo Manu Bermúdez ao cabecear un centro de Alejo, pero Galass estaría moi atento no cruce para enviar o balón a córner.

Antes do pitido final, Real faría o definitvo 0-5 ao materializar unha transición rápida cun bonito remate co calcaño.

Así como tampouco faltaría unha nova dose de polémica logo de que os cormeláns reclamasen unha posible pena máxima de Guillermo sobre Eloy.

Ao remate do encontro, o capitán silvista, Cardelle, recibiría o trofeo de campión deste XIV Memorial José Pailos Neira “Tecelán”, de mans da súa viúva, Manola.

 DSC0566 Copiar