Os diferentes equipos do Porteño CF non sairán a competir na tempada 2020-2021
O clube da Ponte do Porto tomou a decisión de non sacar a competición ningún dos seus equipos, nin en fútbol base nin en sénior, en responsabilidade pola situación pandémica que estamos a vivir co Covid-19.
Comunicado de Manuel Castiñeira Vidal (Presidente do Porteño CF)
“Estimados socios, afeccionados e amigos:
Como presidente do Porteño CF, con gran dor e tristeza comunícovos a decisión da directiva de non dar de alta ningún equipo para a próxima tempada 2020-2021. Con esta decisión, estamos antepoñendo a saúde dos nosos nen@s e adultos antes que o fútbol.
Un ano no cal todos tiñamos moitas esperanzas postas, xogadores firmados e novos proxectos no aire, pero a situación que estamos vivindo en toda a sociedade anímanos a dar este paso.
A imposibilidade de asistir aos campos de fútbol oblíganos a prescindir da nosa tan querida afección, e creo que non é lícito repartir carnets de socio a ninguén, sabendo que non se pode entrar ao campo.
Dende aquí, quero pedir perdón a todas aquelas persoas que coma nós desearían ver competir ao Porteño esta tempada.
Só decirvos que esperamos que esta situación nos faga volver máis fortes aínda. Esta decisión está totalmente respaldada por todos os membros da directiva e todo o plantel.
Repito: “o máis importante para toda a familia porteña é a saúde de cada un deles”. Desear o mellor ao resto de equipos e dámoslle todo o noso apoio en calquera decisión que tomen.
Sen máis un saúdo e Aúpa Porteño
O voso amigo Manuel Castiñeira Vidal.”