O Baíñas caeu goleado nas Pedreiras ante o San Lorenzo
Un San Lorenzo guiado polo seu goleador Brais, logrou unha ampla vitoria ante o Baíñas nun encontro con escasa tensión debido ao que había en xogo.
Redacción
SD San Lorenzo 5 – 1 CD Baíñas
SD San Lorenzo: Rubén, Rudi, Luciano, Diego, Fuentefría, Mario (Jose m.60), Álex Fernández (Fidalgo m.59), Brais, Yago (Kuki m.33), Styven (Pablo Garrido m.68), Pablo Díaz (Juanjo m.73).
CD Baíñas: Paulo, Rodri, Luis, Cristian Canosa, Esteban Canosa, Pablo Muíño, Samuel, Felipe (Esteban Rodríguez m.82), Javi, Oreiro (Capote m.79) e Toño.
Goles: 0-1 m.14: Pablo Muíño; 1-1 m.26: Fuentefría; 2-1 m.42: Brais; 3-1 m.45: Brais; 4-1 m.56: Brais; 5-1 m.75: Brais.
Árbitro: Óscar Rey Sánchez (Colexio costeiro).
Incidencias: Partido correspondente á vixésimo oitava xornada da Liga da Costa disputado no Campo Municipal das Pedreiras (Verdillo).
Debido a que ningún dos dous conxuntos se xogaba nada de gran importancia, a tensión deste encontro brillou pola súa ausencia, aínda que os locais serían quenes dominarían o partido de principio a fin e terían dúas boas ocasións para adiantarse pero o longueiro evitaríao e sería o Baíñas quen se adiantaría despois de que Pablo Muíño materializase unha boa xogada colectiva.
Pero este gol sería un espellismo xa que os verdilleses seguirían levando a voz cantante e lograrían darlle a volta ao marcador antes do descanso cos goles de Fuentefría e de Brais por partida dobre.
Na reanudación, o Baíñas tratou de recortar diferenzas no marcador pero Rubén non o permitiría e volvería a aparecer a figura de Brais con dous tantos máis cos que completou o seu particular póker de goles para poñer o definitivo 5-1 que puido ser máis amplo de non ser polas boas intervencións de Paulo.