logo

¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto

POLÍTICA DE COOKIES

Una cookie es un fichero que se descarga en el ordenador/smartphone/tablet del usuario al acceder a determinadas páginas web para almacenar y recuperar información sobre la navegación que se efectúa desde dicho equipo. Para conocer más información sobre las cookies, Unidad Editorial, S.A. (Unidad Editorial) le invita a acceder al siguiente enlace:http://www.iabspain.net/privacidadeninternet/usuario.

Unidad Editorial utiliza en este sitio web las siguientes cookies que se detallan en el cuadro siguiente:

  • cookies estrictamente necesarias para la prestación de determinados servicios solicitados expresamente por el usuario: si se desactivan estas cookies, no podrá recibir correctamente nuestros contenidos y servicios; y
  • cookies analíticas (para el seguimiento y análisis estadístico del comportamiento del conjunto de los usuarios), publicitarias (para la gestión de los espacios publicitarios en base a criterios como la frecuencia en la que se muestran los anuncios) y comportamentales (para la gestión de los espacios publicitarios según el perfil específico del usuario): si se desactivan estas cookies, el sitio web podrá seguir funcionando sin perjuicio de que la información captada por estas cookies sobre el uso de nuestra web y sobre el éxito de los anuncios mostrados en ella permite mejorar nuestros servicios y obtener ingresos que nos permiten ofrecerle de forma gratuita muchos contenidos.
CookiesInformación (*)FinalidadOutput (*)
COOKIES PROPIAS
Estrictamente necesarias Sesión, registro, datos del carrito de compra, datos para distinguir los servicios gratuitos de los servicios de pago Gestión del registro Prestar servicios de la sociedad de la información solicitados por el usuario y conforme a los términos y condiciones aplicables N/A
Publicidad Frecuencia con la que se muestran los anuncios Mejorar y gestionar la exposición de anuncios publicitarios al usuario  
COOKIES DE TERCEROS (la información recogida a continuación ha sido facilitada por esos terceros)
Analíticas

Nielsen SiteCensus (Nielsen [*])

Número de visitas, páginas o secciones visitadas, tiempo de navegación, sitios visitados antes de entrar en esta página, detalles sobre los navegadores usados Informes estadísticos sobre el tráfico del sitio web, su audiencia total y la audiencia en una determinada campaña publicitaria Ver

Adobe Analytics -Omniture- y Adobe

Webs visitadas y tiempo de navegación, web que conduce al sitio, búsquedas realizadas Informes estadísticos sobre como los usuarios encuentran la página web, cómo la utilizan y si esta funciona correctamente Ver

Score Card Research (Full Circle Studies, Inc.)

Tiempo de navegación, sitio web visitado e información relacionada con la propia navegación Crear informes sobre patrones generales de visitas al sitio web Ver
Publicidad

CXense (CXense, AS)

Preferencias del usuario, información sobre la interacción con el sitio web (servicio solicitado, fecha y hora), tipo de navegador y lenguaje, localización geográfica Mejorar y gestionar la exposición de anuncios publicitarios al usuario evitando que aparezcan anuncios que ya ha visto Ver

Doubleclick (Google, Inc.)

Información sobre los anuncios que han sido mostrados a un usuario, sobre los que le interesan y sobre si visita la página web del anunciante Ver

Admeta (Admeta AB)

Preferencias del usuario, páginas visitas y detalles del equipos del usuario, datos de flujo de clics Ver
Publicidad comportamental

Audience Science (AudienceScience, Inc.)

Información sobre las preferencias o intereses en productos y/o servicios recogida durante la navegación Mostrar anuncios personalizados según el comportamiento o las preferencias mostradas por el usuario y mejorar las campañas publicitarias Ver

Media Mind (Digital Generation, Inc.)

Dirección IP, tipo de sistema operativo, tipo de navegador, páginas visitadas Personalizar las campañas publicitarias y mostrar anuncios que se ajusten a las preferencias de los usuarios Ver

(*) La información obtenida a través de estas cookies, referida al equipo del usuario, podrá ser combinada con sus datos personales sólo si Ud. está registrado en este sitio web.

(**) DESACTIVACIÓN DE COOKIES. El usuario podrá -en cualquier momento- elegir qué cookies quiere que funcionen en este sitio web mediante:

Unedisa no se hace responsable del contenido y veracidad de las políticas de privacidad de los terceros incluidas en esta política de cookies.

Si tiene dudas sobre esta política de cookies, puede contactar con Diario Deportivo en info@diariodeportivo.gal .

Miércoles, 28 Octubre 2020

Ana Mouzo analiza o inicio de tempada do Fisober

 MRR5085 Copiar

Este sábado 24 de setembro ás 20 horas arranca unha nova experiencia do Fisober FSF na Segunda División Nacional. Será a volta do humilde clube costeiro á categoría, e a súa cuarta participación nela.

O partido disputarase nas terras rioxanas de Santo Domingo de la Calzada. O rival das costeiras no pavillón Valle del Oja será o CFS Calceatense.

Con motivo do inicio da tempada para o Fisober, quixemos falar con Ana Mouzo, capitana do conxunto dumbriés, para analizar como vai a ser á volta do equipo dirixido por Fran Toba á Segunda División.

P- Como afrontades esta nova tempada na Segunda División?

R- Cada tempada nova sexa na división que sexa, empezase con gañas, gañas de voltar ás fins de semana. Pero esta ademáis afrontámola coma un reto, para demostrar que o Fisober pasen as xogadoras que pasen consigue repoñerse e permanecer nesta bonita Segunda División, da que estou segura que non baixaríamos senón nos houbesen cambiando para o grupo de Madrid o ano que descendemos. E ogallá poidamos superar este reto como equipo.

P- Que cres que vos pode aportar Lía e Bárbara, dúas rapazas moi novas cunha gran proxección e únicas incorporacións do clube?

R- A nivel persoal, a súa forma de ser extrovertida fixo que encaixaran as dúas moi ben no equipo e apórtannos alegría.

E a nivel técnico, todo o que poidamos sumar vainos vir moi ben; un cambio máis á hora de descansar nos partidos, aumentar o número de xogadoras ante futuras lesións e compromisos que veñan ao longo da tempada.

Lía aportaranos a seguridade que dan as porteiras, percorrer o norte solo cunha porteira e arriscado e tanto con ela como con Leti, a portería estará segura. Mentres que Bárbara aportaranos esa chispa que necesitamos en ataque para sumar eses goles que tanto costan marcar.

P- Que che parece a norma que lle prohíbe xogar nesta categoría a rapazas menores de quince anos, caso de Nuriña por exemplo, quen se viu obrigada a saír cedida para competir esta tempada?

R- Supoño que todas as normas terán a súa lóxica e explicación, e a lóxica desta será o non implicar as rapazas nunha categoria esixente en equipos con nome e competindo con xente que pode ser internacional, pero como todas as normas teñen puntos fracos e no Fisober, que é un equipo tan "familiar" e no que o deportivo non é o que prima por riba de todo, esa norma é inxusta.

Inxusta porque Nuria encaixaba moi ben no equipo, e sumaba en número e importancia pois na Costa da Morte é moi difícil poder xuntar xogadoras que den a calidade necesaria para xogar nesta división e unha das que temos que nola quiten por idade, cando en liga provincial e autonómica se ten enfrontado a xogadoras que lle dobran a idade e saíndo ela beneficiada, non é xusto dende o meu punto de vista.

Nuria Pose

P- Que podemos agardar deste novo Fisober que volta a Segunda División?

R- Esperemos que poidamos manter a categoría, pero o que sí que vos imos brindar a todos os que acudades algún fin de semana a vernos a Dumbría e a loita e a garra que caracteriza os equipos da Costa da Morte, dalo todo en cada un dos minutos que duren eses partidos para poñer en apuros a todos os rivais aos que nos enfrontemos.

P- Comezades a tempada na pista do Calceatense. Como afrontades este partido en terras rioxanas?

R- Nas anteriores etapas nesta categoría visitamos esa pista en dúas veces e nas dúas ocasións saímos ben paradas a pesar das adversidades (Unha vez expulsárannos a porteira e tivérase que poñer unha xogadora de porteira, e a outra viaxáramos con tan só sete xogadoras e unha lesionárase no quecemento). Polo que empezar aí sempre che dá un plus de motivación, asique afrontarémolo con cautela por ser o primeiro partido, ademáis de ser un desprazamento longo, pero con gañas, esas gañas que acumulamos todo o ano pasado estando en Autonómica por volver á Segunda division.

P- Que obxectivo se marca o Fisober para esta tempada?

R- O obxectivo do Fisober a nivel equipo é seguir crecendo e aprendendo xuntos de todo o nivel que hai a nivel nacional, e tamén para facer ver o nivel de fútbol sala que temos na Costa da Morte, e que as nenas teñen unha saída neste deporte, mentres que nós somos os afortunados e afortunadas que acumularemos vivencias e anécdotas. E si ademáis conseguimos manter a categoría para que Nuriña por fin poida xogar co Fisober na Segunda División xa sería perfecto.

 MRR5133 Copiar

P- E a nivel persoal, cales son os obxectivos que se marca Ana Mouzo?

R- Os meus obxectivos son parecidos aos do equipo, poder competir e disfrutar todo o que poida deste deporte, seguir acumulando experiencias a nivel personal e conseguir xogar os máximos anos posibles a nivel nacional co Fisober. Porque che podería dicir marcar algunha cifra de goles pero esa cifra sería un gol sendo moi optimista xa que esa faceta non se me dá nada ben (risas).

 

Fotos de Marcos Regueira e Meigas FC