Dani Casal sálvalle os mobles ao Malpica ante o Muxía
Dous goles de Dani Casal déronlle un punto importantísimo ao Malpica de cara a permanencia nun partido que un Muxía que foi superior tiña encarrilado para levarse a vitoria.
Crónica de Adrián Lema (Adestrador do Muxía CF)
SCD Malpica 2 – 2 Muxía CF
SCD Malpica: Anxo, Jordan, Omar, Santi, Dimitri, Eiroa, Gonzalo Vilariño, Capelán (Andy m.59), Vituco, Dani Casal, Álex Ures (Mante m.46).
Muxía CF: Hugo, Michael, Congui, Chans (Martín m.77), Tomás (Lagoa m.83), Adrián Alcaina, Pereira (Víctor Alcaina m.55), Mauro, Isma, Mario (Julián m.55), Manu Nogueira (Toja m.90).
Goles: 0-1 m.48: Manu Nogueira; 0-2 m.52: Mauro; 1-2 m.58: Dani Casal (p); 2-2 m.74: Dani Casal.
Árbitro: Pablo Rey Rodríguez (Colexio coruñés). Expulsou aos muxiáns Mauro e Pereira con cartón vermello directo nos minutos 86 e 91 respectivamente, e faría o propio co delegado do Muxía, Felipe Vilela.
Incidencias: Partido correspondente á vixesimoitava xornada da Liga da Costa disputado no Campo Municipal de A Pedra Queimada (Malpica de Bergantiños).
Na primeira metade, o Muxía dominou e tivo a posesión do balón, algo que fixo que xa nos primeiros minutos, os homes de Adrián Lema tivesen varias ocasións para adiantarse no marcador pero os da vila da Barca non estarían acertados.
Mentres tanto, ao Malpica custáballe chegar á área rival, polo que se chegaría ao tempo de lecer co resultado inicial no luminoso.
No treito inicial da segunda metade, o Muxía desatouse e en tan só sete minutos, os muxiáns poñeríanse con dous goles de vantaxe despois de que Manu Nogueira e Mauro superasen a Anxo.
Tras isto, Dani Casal erixiríase como o salvador dos seus ao transformar un penalti dubidoso para meter aos seus de cheo no encontro e pouco despois, executaría unha falta que acabaría no fondo da rede para facer o definitivo 2-2.
Despois do segundo gol malpicán, o Muxía tratou de ir a polo partido a expulsión de Mauro e o escaso acerto de cara a portería privaríano da vitoria ante un rival que se mostrou moi efectivo.